HomeNewsActualidadeUn garda civil ferrolano asesina a súa expareja, tamén axente, no cuartel...

Un garda civil ferrolano asesina a súa expareja, tamén axente, no cuartel de Llanes e morre abatido por compañeiros

O agresor, con expedientes por violencia machista e separado recentemente do servizo, disparou tamén contra un tenente que resultou ferido grave antes de ser neutralizado polos efectivos do instituto armado

Un grave caso de violencia machista sacudiu este mércores o cuartel da Garda Civil en Llanes, Asturias, onde un axente natural de Ferrol e destinado en Zamora matou a tiros a súa expareja, unha muller tamén pertencente ao corpo e con quen tiña tres fillos. Tal e como indicaron fontes próximas á investigación, a vítima atopábase rexistrada no sistema VioGén por denuncias previas de malos tratos, mentres que o agresor contaba con expedientes abertos pola mesma causa e recibira días atrás a resolución de separación do servizo.

O suceso tivo lugar pouco antes das 13:30 horas cando, carente xa de arma regulamentaria tras ser apartado, o agresor empregou unha arma presuntamente sostraída das taquillas ou arrebatada a un compañeiro para cometer o crime. Durante a agresión, un tenente acudiu en auxilio da muller e resultou ferido grave nunha perna ao recibir un disparo, mentres que outros efectivos presentes repeleron a huída do atacante coas súas armas regulamentarias, abátndoo e falecendo este arredor das 15:30 horas mentres recibía atención sanitaria nunha UVI móbil. A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero investiga os feitos, que elevarían a 34 as mulleres asesinas por violencia machista no que vai de ano.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS