HomeO PaísA CoruñaInvestigan o atropelo mortal de Ames como presunto delito de asasinato

Investigan o atropelo mortal de Ames como presunto delito de asasinato

Garda Civil investiga como un presunto delito de asasinato o atropelo ocorrido na madrugada do mércores en Bertamiráns, no municipio coruñés de Ames, tras que os primeiros indicios da investigación indiquen circunstancias compatibles coa aleivosía.

O suposto autor dos feitos foi detido este pasado mércores. O presunto culpable fuxiu no momento do atropelo deixando á vítima en situación de morte cerebral.

A investigación foi asumida polo Equipo Territorial da Policía Xudicial de Santiago de Compostela tras recibir o atestado elaborado pola Policía Local de Ames sobre o atropelo, que tivo lugar en torno ás 00:45 horas nun paso de peóns de Bertamiráns. Neste informe, segundo as primeiras dilixencias e testemuñas, xa se apuntaba a un “accidente” intencionado.

Segundo a investigación, momentos antes do suceso o presunto autor e a vítima mantiveron unha discusión na vía pública. Tras iso, o investigado accedeu ao seu vehículo, realizou unha manobra e dirixiuse cara ao lugar onde se atopaba a vítima, a que embestiu de forma violenta antes de abandonar o lugar.

Os investigadores aprecian nun primeiro caso circunstancias compatibles coa aleivosía, polo que as dilixencias se instrúen por un presunto delito de asasinato.

Na investigación tamén participou a Unidade de Investigación de Seguridade viaria do Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña, encargada de realizar a inspección técnico-ocular do lugar dos feitos. Agora, as dilixencias foron postas ao dispor do xulgado de garda competente, que continúa coa tramitación do procedemento.

A Garda Civil sinalou que a investigación permanece aberta e non facilitará máis información mentres continúen as actuacións xudiciais. 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS