HomeNewsActualidadeA Deputación de Pontevedra destinará 200.000 euros por cada nova ruta aérea...

A Deputación de Pontevedra destinará 200.000 euros por cada nova ruta aérea en Peinador ante a mínimos históricos

A vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, propón ao Concello de Vigo articular os convenios de promoción ou asumir a xestión directa, unha medida celebrada polo alcalde Abel Caballero, quen esixe á Xunta achegar a mesma contía

A Deputación de Pontevedra ven de anunciar un plan de apoio para o aeroporto de Vigo dotado cunha aportación de 200.000 euros por cada nova ruta que se estabeleza na terminal, sen un límite máximo de enlaces e enfocado a destinos potenciais e rentables. Tal e como explicou este mércores a vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, a iniciativa busca reverter a situación de mínimos históricos pola que atravesa Peinador de cara ao vindeiro outono, cunha oferta reducida a catro conexións con Madrid, Barcelona, Tenerife e Gran Canaria.

A proposta provincial baséase en accións de promoción en destino avaladas por Aena, ofrecéndose a transferir os fondos ao Concello de Vigo para que sexa o goberno local o que convenie coas aerolíneas, ou ben a asumir a negociación directamente se o Executivo municipal o rexeita. Ante este movemento, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou a decisión asegurando que «lle dobraron o pulso» á institución provincial e reclamou á Xunta de Galicia que iguale a aportación económica a tercios, mentres defende a necesidade de realizar pagos directos ás compañías aéreas para recuperar destinos como Londres, París, Valencia, Sevilla ou Bilbao e reforzar Barcelona.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS