HomeNewsActualidadeO Concello do Porriño constrúe un novo muro na Estrada de Torneiros

O Concello do Porriño constrúe un novo muro na Estrada de Torneiros

O Concello do Porriño atópase executando as obras de construción dun novo muro de contención na estrada de San Salvador de Torneiros. Esta intervención ten como obxectivo principal solucionar o mal estado de conservación no que se atopaba a antiga estrutura, que representaba un risco para a seguridade da zona.

Para levar a cabo esta actuación, o goberno local acadou un acordo coa Comunidade de Montes, propietaria dos terreos, que cedeu a superficie necesaria onde se localizaba a antiga construción, sobre a que se empraza a Asociación de Veciños.  

As tarefas, que visitou o alcalde do municipio, Alejandro Lorenzo, xunto ao concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, consisten no desmonte e escavación da antiga estrutura para erguer un novo muro de mampostaría. O orzamento total destinado a estes traballos ascende a 14.700 euros, unha inversión que servirá ademais para liberar espazo e posibilitar a posterior ampliación da beirarrúa, mellorando así a seguridade e o tránsito peonil dos veciños e veciñas de Torneiros.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS