HomeNewsActualidadePechan a planta subterránea do centro de saúde de Ponteareas debido a...

Pechan a planta subterránea do centro de saúde de Ponteareas debido a altos niveis de gas radón

A Consellería de Sanidade vén de pechar o sótano do centro de saúde de Ponteareas debido á presencia elevada de gas radón no interior das instalacións. A petición fora realizada polo sindicato de enfermeiría SATSE, tras coñecer a existencia deste elemento químico no centro.

Pola súa banda, e co obxectivo de garantir a seguridade dos profesionais así como a continuidade dos servizos sanitarios, a Xunta trasladou á psicóloga da Unidade de Saúde Mental ao Centro de Saúde de As Neves; os dous psiquiatras, a enfermeira e a profesional administrativa da mesma unidade pasarán pola contra a prestar asistencia noutra ubicación do propio centro, nunha das plantas superiores, así como a área de pediatría. No caso das sesións de educación maternal, foron trasladadas a unha sala multiusos municipal.

As medicións deste gas foron realizadas no marco das actuacións de control e prevención que a Xunta está desenvolvendo nos edificios sanitarios; tras adoptar as medidas de carácter urxente, os resultados serán remitidos de forma inmediata á Xefatura do Servizo do Centro e estarán tamén a disposición dos profesionais e dos delegados de prevención.

“Paralelamente, continúase traballando na definición e implantación das actuacións técnicas necesarias para reducir os niveis de radón no edificio, que serán avaliadas mediante novas medicións antes de determinar a recuperación da actividade na planta afectada” aseguran dende a consellería.

Pola súa banda, dende o Sindicato de Enfermería, SATSE, insisten na necesidade de realizar controis médicos aos traballores que estiveron expostos ao gas; a pesar de que felicitan o traslado do personal sanitario de forma urxente.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS