Como cada xoves de 15:00 a 16:00, na Hora Bulideira, Daniel Vans e servidor abrimos un espazo de análise, opinión e tertulia lenta sobre o Celta de Vigo, a Canteira e os diferentes detalles da entidade celeste. Desta vez, poñendo o foco no ascenso do Celta Fortuna de Fredi Álvarez fronte á Ponferradina e facendo cábalas e avaliación dos diferentes xogadores do proxecto para o seguinte ano na Segunda División.
Ao ser un programa especial polo ascenso e ser un programa agardado pola xente decidimos facelo en dúas partes. Unha que se emitiu mércores e outra que foi retransmitida ao longo da tarde seguinte.
Velaquí podedes escoitar en diferido as dúas partes do noso programa semanal:

