HomeNewsActualidadeO IES Primeiro de Marzo de Baiona estrea oferta formativa cun Ciclo...

O IES Primeiro de Marzo de Baiona estrea oferta formativa cun Ciclo Medio en atención a persoas con dependencia

O IES Primeiro de Marzo de Baiona contará cunha nova oferta educativa o vindeiro curso 2026/2027 coa implantación do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia na Modalidade Ordinaria Presencial.

A aprobación do Ciclo Medio realizouse tras unha reunión coa Directora Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galciia, María Eugenia Pérez Fernández, co alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, a concelleira de Educación, Nuria Leyenda Gómez, a dirección escolar e o departamento de Formación Profesional do IES Primeiro de Marzo.

Dende o Concello de Baiona animan á “matriculación do novo Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia que xa está aberta ata o vindeiro 30 de xuño”. Ademais, aseguran que se “trata dunha oferta educativa con alta inserción laboral e cunha formación humana para traballar con persoas en situación de dependencia”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS