HomeNewsActualidadePetra Rosa Festival amplía aforo para Pablo López e Sergio Dalma 

Petra Rosa Festival amplía aforo para Pablo López e Sergio Dalma 

En menos de dúas semanas, as Canteiras de O Porriño acollerán a primeira edición de Petre Rosa Festival, unha das novas citas musicais do verán galego. Ante a acollida que despertou o ciclo de concertos e a crecente demanda de entradas nas últimas semanas, a organización decidiu ampliar o aforo para os concertos de Pablo López e Sergio Dalma.

Así, grazas a esta medida, saíron á venda novas localidades de pista e grada, cun cupo limitado de entradas a prezos accesibles. As novas entradas están á venda na web oficial do festival www.petrarosafestival.com.

Así, coa conta atrás xa iniciada, as canteiras do Porriño acollerán catro xornadas consecutivas de música en directo, nunha contorna única. Concretamente, do 25 ao 28 de xuño. A programación iniciará o 25 de xuño coa Fiesta Bresh, e continuará cos concertos de Pablo López, o 26 de xuño; Antonio Orozco o 27 de xuño e Sergio Dalma o 28.

Con todo, os e as asistentes, poderán gozar dun recinto especialmente deseñado para a ocasión, con diferentes zonas de público, espazos VIP, segundo escenario destinado a artistas emerxentes da contorna e unha ampla zona gastronómica, con grande protagonismo da cociña galega.

A maiores, o espazo gastronómico estará protagonitazo pola bodega Terras Gauda, patrocinador do festival e referente no sector vitivinícola galego.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS