HomeNewsActualidadePonteareas homenaxea aos e ás protagonistas do Corpus Christi, os e as...

Ponteareas homenaxea aos e ás protagonistas do Corpus Christi, os e as alfombreiras

Ponteareas acolleu este luns a súa xornada festiva por excelencia tras a celebración do Corpus Christi. Tras unha fin de semana intensa e de moito traballo para os e as alfombreiras, onte tiveron o seu momento de homenaxe. Como cada luns de Corpus, o Concello de Ponteareas rendeu homenaxe aos e ás protagonistas da festividade, primeiro coa ofrenda floral no monumento aos alfombreiros; e despois co acto de entrega de medallas de prata do Corpus 2026.

O acto, que tivo lugar no auditorio Reveriano Soutullo, honrou un total de 22 alfombreiros e alfombreiras, todos eles nomeados e escollidos por cada un dos portais.

Con todo, os galardoados foron: Cayetano Sixto Mejía pola Praza Bugallal-Orotava; María Dolorez Giráldez pola Praza Bugallal; María Nilsa González pola rúa Oriente; Rosa Domínguez polo primeiro tramo da Praza Maior; Miguel Mera polo segundo tramo da Praza Maior; Severino Pregal polo Cruceiro de San Gregorio; María Azucena Garrote pola rúa Ferreiros-Anpa Pena do Equilibrio; Josefa Pino polo primeiro tramo da rúa Ferreiros; José Antonio Álvarez por Ferreiros-San Roque; Concepción Cima por Doctor Fernández Vega-Fonte do Baratillo; Juan José Campos pola rúa Fernández Vega; José Antonio Vázquez polo tramo de Arco da Vella-Doctor Fernández Vega; Óscar Montero polo Cantón de Boa Vista; Bruno Antonio Vázquez pola rúa Doctor Fernández Vega; Ana María Fernández pola rúa Constitución; e Carmen Giráldez, María Gloria Giráldez, Silvia Costal, Rosa Ana González e Miguel Ángel Castro polos diferentes tramos da rúa Reveriano Soutullo.

A maiores destas entregas, tamén se realizaron dúas homenaxes a dúas mulleres alfombreiras, históricas en Ponteareas: María Carrera Otero, coñecida como Maruja; e Áurea Costa. No caso desta segunda, a homenaxe foi a título póstumo, tras falecer o pasado mes de xaneiro aos seus 94 anos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS