O Concello de Arbo continúa os traballos para transformar as súas infraestruturas públicas, nesta ocasión, a través dunha colaboración coa Deputación de Pontevedra. Así, a entidade vén de confirmar o acondicionamento da Travesía da Hermida, en Mourentán, unha actuación que contará cun investimento de 291.000 euros para mellorar a seguridade viaria e a mobilidade peonil.
A obra na Hermida contempla a mellora integral da dranaxe, a reposición de beirarrúas e a instalación de novo alumeado e sinalización, garantindo unha vía “máis moderna e segura” para os usuarios.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, sinalou que “esta obra non se trata dun feito illado” se non “dun compromiso cos veciños e veciñas de Arbo” exemplificado en diferentes obras de humanificación como a levada a cabo na “contorna da Igrexa de Cabeiras”omo exemplos

