Os comerciantes de Baiona contan cunha nova canle de comunicación xestionada pola Concellería de Comercio. O obxectivo é que todos os empresarios que o desexen, poidan inscribirse nela e poder xestionar dende alí, de forma rápida e sinxela, calqueira problema ou dúbica que lles poida xurdir no seu negocio.
Entre outras cuestións, a nova oficina terá unha canle informativa a través do teléfono 694314178, onde os empresarios poderán unirse para obter información rápida, colaborar en proxectos comúns e acceder ás novidades que afectan ao tecido empresarial local.
Este espazo de traballo pode servir tamén para mellorar as relacións comerciais e o apoio mútuo entre os empresarios e o Concello. Poderase inscribir calqueira negocio da vila interesado en participar, tan só con engadir a numeración á axenda do seu teléfono móbil e enviar unha mensaxe que será validada pola concellería de Comercio.
Segundo destaca o Concello de Baiona, “con esta nova oficina, o Concello pretende facilitar a relación dos comerciantes e a administración pública, e poder facilitar aos que o desexen, información, acceso a subvencións e facilidades para a resolución dos problemas e dúbidas que poidan xurdir no día a día dos empresarios”.

