HomeNewsActualidadeO español illado en Madrid por hantavirus ten síntomas respitatorios e febrícula

O español illado en Madrid por hantavirus ten síntomas respitatorios e febrícula

O cidadán español illado no Hospital Gómez Ulla de Madrid por dar positivo provisional na PCR por hantavirus, presentou esta noite os primeiros síntomas respiratorios e febrícula. Segundo informou o Ministerio de Sanidade, o home atópase aparentemente estable e sen empeoramento clínico evidente.

Concretamente, o paciente atópase na Unidade de Illamento e Tratamento de Alto Nivel (Uatan) do centro hospitalario, que foi construída no hospital militar tras a crise do ébola. O centro conta medidas de seguridade como circuítos diferenciados de entrada e saída, controis de acceso, presión negativa e desinfección en cada un dos cuartos.

Por outra banda, os outros 13 pasaxeiros españois que navegaban no MV Hondius e que foron trasladados ao hospital militar non presentan novidades tras dar negativo na proba PCR. Entre os españois confinados, atópanse cinco persoas de Cataluña, tres de Madrid, tres de Asturias, unha de Castela e León, unha de Galicia e outra da Comunidade Valenciana.

A maiores, este luns o Ministerio de Sanidade anunciou que a corentena por hantavirus contarase a partir do 6 de maio e estenderase 42 días, é dicir, ata o 17 de xuño.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS