Xoves, Abril 23, 2026
HomeConcellos +A CañizaA Cañiza acolle con éxito o Campionato Galego de Freestyle Street Park...

A Cañiza acolle con éxito o Campionato Galego de Freestyle Street Park 2026

O skatepark da Caniza foi escenario o domingo 19 de abril da terceira cita de deporte urbano no que vai de ano, coa celebración do Campionato Galego de Freestyle Street Park 2026, unha proba destacada dentro do calendario autonómico, organizada polo Club Rollerblading Unity en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe, a Xunta de Galicia e o Concello.

Ata o evento achegáronse o alcalde, Luis Piña; e o concelleiro Miguel Anxo Gómez, que, xunto á presidenta da Federación Galega de Patinaxe, María Jesús Vázquez, entregaron os premios. A xornada estivo marcada por unha alta participación e un gran ambiente entre público e deportistas.

O campionato, presentado polo speaker Miguel Fernández, reuniu a patinadores e patinadoras de toda Galicia nunha proba federada de freestyle agresivo (Aggressive Roller), onde se puxeron a proba a técnica, a creatividade e a habilidade nun contorno urbano especialmente acondicionado.

A competición estruturouse en diversas categorías —Sub 10 mixta, Sub 15 masculino e feminino, Sub 19 masculino e feminino e sénior mixta—, fomentando así a participación de deportistas de todas as idades. Durante a mañá celebráronse probas nas modalidades de Street e Skatepark, facilitando un acceso progresivo á competición principal, que tivo lugar pola tarde.

Os resultados da proba poden consultarse na web oficial da Federación Galega de Patinaxe.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS