Mércores, Abril 22, 2026
HomeNewsActualidadeO PP de Lugo e a ex-socialista María Reigosa rexistran a moción...

O PP de Lugo e a ex-socialista María Reigosa rexistran a moción de censura

A voceira do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, acompañada dos edís do Grupo Municipal Popular e da concelleira non adscrita, María Reigosa, comparecerán este mércores á tarde para explicar o pacto alcanzado para presentar unha moción de censura co obxectivo de facerse co goberno municipal.

O Partido Popular precisa do voto de María Reigosa, quen formou parte da lista do PSOE nas pasadas eleccións e que entrou en outubro na corporación local de Lugo, en substitución do falecido Pablo Permuy. A concelleira, formalizou hai unhas semanas a súa saída do grupo municipal do Partido Socialista.

Tras unhas semanas de tensión política, o PPdeG, con Alfonso Rueda e Paula Prado á fronte, deu luz verde a esta iniciativa co argumento de que “os populares foron os máis votados e teñen dereito a gobernar”.

Por outra banda, na mañá de mércores, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou o equipo municipal para “mostrar o seu apoio ante a situación que se está vivindo”.

Así, ás 14:15 horas deste mércores, está prevista a comparecencia nun céntrico hotel da cidade para que os 13 concelleiros que firman a moción de censura expliquen os motivos da mesma e cal é a folla de ruta política que teñen pensada para os 13 meses que quedan para as vindeiras eleccións municipais.

Será unha hora máis tarde, cando tomará a palabra e romperá o seu silencio o actual rexedor, Miguel Fernández.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS