Luns, Abril 20, 2026
HomeNewsActualidadeO CPA Condado logra a clasificación para a Copa do Mundo en...

O CPA Condado logra a clasificación para a Copa do Mundo en Italia

O Show Junior do Club de Patinaxe Artístico Condado vén de acadar a clasificación para a Copa do Mundo que se celebrará a finais do mes de maio en Cesena (Italia). O equipo acadou o logro no Campionato de España.

Así, este venres 17 de abril, tivo lugar en Alcoy (Alicante) o Campionato de España de Show Junior, onde o CPA Condado logrou a clasificación para a World Cup grazas á súa coreografía “Reina Eterna“.

O éxito súmase ao conseguido os días 28 e 29 de marzo no Campionato de España de Grupos Show (Grandes, pequenos e cuartetos sénior). Durante a competición, o Grupo Grande do CPA Condado obtivo a súa clasificación para o Campionato de Europa, que terá lugar o vindeiro 2 de maio en Conegliano (Venecia), mentres que o Show Pequeno tamén logrou o pase á Copa do Mundo.

Coa finalización dos campionatos estatais, o CPA Condado alcanzou a clasificación internacional dos seus tres grupos de show, consolidando así o éxito para a entidade salvaterrense.

A maiores, Gondomar e Condado serán os únicos clubes galegos presentes no Campionato de Europa: Gondomar participará co Show Junior y o CPA Condado co Show Grande.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS