miércoles, junio 18, 2025
InicioNewsActualidadeO mes de xullo comeza en Salceda de Caselas co Rally de...

O mes de xullo comeza en Salceda de Caselas co Rally de Bares e o Carnaval de Verán

O vindeiro venres 4 de xullo Salceda de Caselas acollerá a XIX edición do Carnaval de Verán, organizado pola Asociación Xuvenil ‘Nós Somos Nós‘. Ademais, o mesmo día tamén terá lugar o X Rally de Bares.

O Carnaval de Verán terá lugar no Torreiro de Santa María e contará coa actuación dos DJ Gabry D, Señora DJ e Keva. A festa dará comezo ao remate do Rally de Bares.

X Rally de Bares

O tradicional Rally de Bares, que este ano cumple a súa décima edición, consiste nunha ruta por diversos establecementos da vila na compañía da charanga Nova Jomada.

O rally dará comezo ás 20:00h e partirá do local Fiuncho e Néboda, para despois achegarse aos locais do centro da vila: Parchita, Maldita e Charango.

Para participar, é preciso inscribirse previamente e adquirir unha entrada, que ten un prezo de 18 euros de forma anticipada e 20 euros no mesmo día. A inscrición inclúe 1 consumición en cada bar, a cea, unha consumición no torreiro e o vaso reutilizable do Carnaval de Verán.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS