A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro ten todo preparado para a que será a decimosétima edición da Sementeira e Música que se celebrará o 9, 10 e 11 de maio na Área Recreativa Muíño da Ponte en Corzáns. Este ano e ante a posibilidade de chuvia en momentos puntuais da fin de semana haberá un carpa de 400 m² na zona de concertos.
Actuacións e actividades
Mañá venres será unha xornada inclusiva adicada ó CRA A Lagoa de Salvaterra de Miño e ás asociacións de persoas con discapacidade ADAPTA e Avelaíña, de Ponteareas.
O sábado e domingo contarán con actividades e actuacións moi esperadas entre o público como Dakidarría, A Banda da Loba, Festicultores, Catuxa Salom, La Duendeneta ou Son das Tabernas, entre outros.
Máis prazas para aparcar
Todo nunha edición que aumenta o aparcamento cun total de catro zonas incluindo no aparcamento P1 lugares destinados a persoas con tarxeta de aparcamento de mobilidade reducida.
En canto ós accesos, a entrada será pola estrada EP-4006 á altura da parroquia de Meder e tamén pola PO-402 en Corzáns e a saídas polas paralelas da AG-51, que van cara a parroquia de Fiolledo e as rotondas de Soutolobre que enlazan coa AG-51.

Pregón
Nesta edición o encargado de dar lectura ó pregón será o actor galego Luis Zahera, que poderemos escoitar o domingo ás 13:30 horas.
Programación


