jueves, mayo 8, 2025
InicioNewsActualidadeBueu convértese na Capital do Polbo durante o mes de maio con...

Bueu convértese na Capital do Polbo durante o mes de maio con máis de 20 formas de degustalo

O Concello de Bueu acollerá durante o mes de maio as II Xornadas de Exaltación do Polbo, que teñen como obxectivo poñer en valor o polbo da vila.

Durante a celebración das mesmas, vinte e dous locais hostalerios da vila promocionarán pratos elaborados con este celalópodo a través dos que se pretende mostrar que o polbo é un produto moi versátil e que se prepara de moitas e variadas formas.

Ademais, durante todo o mes haberá actuacións musicais, exposición de fotos antigas, decoración de espazos e rúas municipais, rutas guiadas e un concurso de decoración.

Segundo a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, » a nosa idea é seguir traballando na posta en valor deste cefalópoco e instaurar Bueu como a capital do polbo».

As xornadas celebran este ano a segunda edición e contará cunha decoración especial en diversos espazos municipais como a Sala Amalia Domínguez Búa, a Casa do Concello e a rúa Eduardo Vincenti, nos que lucirán diversos elementos mariñeiros.

A maiores, a Sala Amalia Domínguez Búa acollerá unha exposición de fotos antigas cedidas para a ocasión dos arquivos de Arturo Sánchez Cidrás, a Asociación Cultural Santos Reis, Álvaro Agulla e Afonso Fernández.

No mesmo marco, o 10 e o 24 de maio desenvolveranse as rutas guiadas «Bueu e o polbo» para as que é preciso inscrición previa de balde a través do formulario web, no teléfono 986390029 (ext. 2) ou de forma presencial no 2º andar da Casa do Concello de forma presencial.

Degustación do polbo na restauración

A continuación, a listaxe dos establecementos participantes e os seus pratos:

BAIUCA
Montero Ríos, 179 / Tlf. 886 11 93 01
Polbo á feira – Polbo á galega – Polbo á prancha – Tosta de Polbo – Rosca de Polbo – Croquetas de polbo con queixo do Cebreiro

CASA QUINTELA
Eduardo Vincenti, 24 / Tlf. 986 32 00 10
Polbo á feira – Tosta de polbo con San Simón – Polbo á prancha con grelos – Fabes con polbo – Ensalada de polbo – Croquetas de polbo

RESTAURANTE ESTRELLITA
Fígaro, baixo 11 179 / Tlf. 986 32 43 26
Polbo á feira – Polbo ao allillo – Polbo Estrellita

RESTAURANTE GRELLADA
Avenida de Cangas, 63 / Tlf. 986 32 09 81
Polbo á feira – Croquetas de Polbo – Brochetas de Polbo e langostinos – Polbo con salsa de tetilla – Polbo á grella – Arroz de Polbo e zamburiñas

TAPERÍA AURI
Montemogos, 159 / Tlf. 986 32 39 94
Polbo á feira – Polbo con Queixo San Simón

A CENTOLEIRA
Praia de Beluso, 28 / Tlf. 986 32 34 81
Polbo á feira – Risotto de Polbo

O PESCADOR
Fígaro, 5 / Tlf. 986 32 42 69
Polbo á feira – Polbo ao allillo – Polbo en caldeirada

O RATIÑO PEQUENO
Jose María Estévez, 4 / Tlf. 986 11 84 95
Bocata de Polbo cajún

A CEPA
Montero Ríos, 173 / Tlf. 986 32 00 09
Polbo á feira – Croquetas de Polbo

CASA BENITO
Montero Ríos, 173 / Tlf. 637 25 20 99
Polbo á feira – Polbo en caldeirada

RESTAURANTE LOUREIRO
Avenida Loureiro, 13 / Tlf. 986 32 07 19
Polbo á feira – Polbo á prancha

O FAROL
Montero Ríos, 207 / Tlf. 986 32 19 21
Pizza de Polbo e gambas

BRASSÓ
Johan Carballeira, 8 / Tlf. 986 11 69 20
Polbo á feira

CASA VIDEIRA
Rúa Valado, 75 / Tlf. 651 98 49 32
Polbo salteado con kimchi e puré de boniato

O PAZO
Francisco Escáneo, 15 / Tlf. 654 37 65 18
Polbo á feira – Polbo á prancha – Tosta de Polbo con tetilla

TIEMBLA MARUXA
Montero Ríos, 217 / Tlf. 886 90 93 68
Polbo con cachelos

EL RELOJ
Alfonso Castelao, 24 / Tlf. 649 21 70 81
Polbo á feira – Revolto de Polbo – Polbo á prancha – Tosta de Polbo

RESTAURANTE ESTRELLA
Johan Carballeira, 6 / Tlf. 986 32 06 75
Polbo en salsa Verde

VOLVER
Eduardo Vincenti, 419 / Tlf. 627 81 39 13
Empanadilla argentina de Polbo e algas

RINCÓN DE CELA
Avenida de Agrelo, 11 / Tlf. 986 32 22 08
Polbo á feira – Polbo á prancha – Polbo en caldeirada

ESMORGA
Cormorán, 1 / Tlf. 986 32 44 99
Pizza de Polbo

LA PERFECTA
Ibis, 4
Tosta de Polbo

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS