Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsActualidadeBaiona acollerá unha xornada de portas abertas de voleibol este domingo

Baiona acollerá unha xornada de portas abertas de voleibol este domingo

O Pavillón Municipal de Baiona acollerá o vindeiro domingo 9 de marzo unha xornada de portas abertas de voleibol, no marco dunha colaboración entre o Concello de Baiona e o Club Esteliña do Val.

A iniciativa ten por finalidade dar a coñecer o deporte e fomentar a súa práctica. Ademais, a xornada contará coa presencia de varios xogadores da Superliga 2 do Club Voleibol Vigo.

A xornada estará aberta a grandes e pequenos, sen importar a idade ou o nivel de cada xogador. Dende ás 11:00h, realizaranse partidos de 2 contra 2 e 4 contra 4 cos participantes menores de 18 anos. A partir das 12:15h, será a quenda das persoas maiores de 18 anos.

A maiores, haberá varios técnicos do club que terán un espazo para traballar a técnica básica para aquelas persoas que non teñan ningún coñecemento do deporte.

As inscricións están dispoñibles no pavillón de Baiona, no correo electrónico deportes@baiona.gal, no teléfono 986 35 65 58 ou a través do Club Estreliña do Val ata o 6 de marzo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS