Esta mañá comezaron os traballos de demolición parcial do edificio situado no número 7 da rúa Colón para garantir a seguridade na súa contorna. Tras a declaración de ruína do inmoble, o Concello que Tui iniciou o procedemento para a súa demolición. Ante a situación de deterioro do edificio, no mes de xullo requiriu levar a cabo esta acción aos propietarios, neste caso á Xunta de Galicia. Isto para garantir a seguridade no mesmo e evitar posibles danos ou o colapso da edificación co paso do tempo.
Hoxe mesmo a Xunta comezou a executar estes traballos de desentullo, seguridade e estabilidade do inmoble. A finalidade é manter o edificio en condicións de seguridade, salubridade, ornato público e decoro. Así débense executar obras de demolición parcial da edificación ata alcanzar a estabilidade e seguridade da edificación.
Entre as actuacións requiridas está a retirada das tellas e dos elementos en perigo de desprendemento da cuberta, así coma a limpeza de entullos do interior e exterior do inmoble. O Concello de Tui busca así manter as condicións de seguridade para os viandantes nesta rúa, que conta con gran tránsito de persoas.