martes, enero 21, 2025
InicioNewsEntrevistasUn total de 65 mostras de mel e 46 de queixo participan...

Un total de 65 mostras de mel e 46 de queixo participan nas catas de Galicia

Un total de 65 mostras de meles e 46 de queixos participan na XXIII Cata dos meles e na XXVII edición da Cata dos queixos de Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, en colaboración cos consellos reguladores que amparan estes produtos de calidade diferenciada.

No caso dos meles, repártense en diferentes categorías, desde os monoflorais (27 mostras) ata os multiflorais (23), pasando polo mel de bosque ou melada (5) e, por primeira vez, os meles inscritos en artesanía alimentaria (10 mostras). As mostras proceden de 30 industrias inscritas na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia, o que representa un 68% das industrias e envasadoras deste selo de calidade.

En canto ás mostras de queixo, corresponden ás catro denominacións de orixe protexidas (DOP) de Galicia, que son Arzúa-Ulloa, Tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro, así como – tamén con carácter novidoso este ano- ao selo de artesanía alimentaria. Estas mostras corresponden a un total de 37 queixerías, o que representa un 81% do total da industria.

Os encargados de avaliar os produtos presentados son un total de 19 catadores (12 para o panel dos queixos e sete para o dos meles) que realizan o seu labor ao longo desta semana nas instalacións do Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón). Todos eles son expertos na materia, procedentes de diferentes eidos profesionais, entre elas a docencia, a gastronomía ou a comunicación.

Durante todo o desenvolvemento das catas mantense o anonimato das mostras, cun sistema de numeración e re-numeración que garante a imparcialidade do proceso de
principio a fin. Este evento, con máis de dúas décadas de historia, ten unha moi boa
acollida entre os dous sectores implicados. Proba disto é que cada ano se incremente o
número de participantes nas catas, poñendo de relevo o interese destes eidos en formar
parte no certame.

Podes escoitar a entrevista coa presidenta do Consello Regulador de Mel de Galicia aquí:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS