O Colegio Lar volve situarse entre os centros máis destacados do Concurso de Pintura Infantil e Xuvenil para Centros Escolares de Patrimonio Nacional, que este ano celebrou a súa XXXV edición. Dous dos seus alumnos foron recoñecidos polo xurado: Hugo Fernández Rodríguez, que obtivo o primeiro premio de Educación Primaria; e Valentina Costar García, que foi distinguida como finalista.
O certame, de ámbito nacional e dirixido a estudantes de Primaria e Secundaria, ten como obxectivo incentivar aos mozos e mozas a valorar, difundir e achegarse ao patrimonio histórico e artístico de España a través da creatividade plástica. Na edición 2025-2026, baixo o lema “El Palacio Imaginario”, os participantes debían inspirarse nos monumentos, xardíns e Reales Sitios xestionados pola institución.
O Concurso organízase en dúas categorías: a categoría A, para alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e Educación Básica Obligatoria (EBO), e a categoría B, para alumnado de 1º y 2º de ESO y Transición á Vida Adulta (TVA). Os participantes empregan técnicas pictóricas libres sobre soportes planos rectangulares de dimensións establecidas, e cada centro pode presentar un máximo de seis traballos por categoría.
Ademais do galardón, Hugo tivo a honra de intervir no acto en representación de todos os escolares de Primaria, cunhas palabras dirixidas aos asistentes.
A entrega de premios celebrouse na Galería de las Colecciones Reales de Madrid, onde os alumnos e o equipo docente do colexio compartiron unha xornada marcada pola arte, o talento e o recoñecemento ao esforzo creativo dos mozo e mozas participantes. Entre os recoñecementos que reciben os centros escolares, así como os alumnos gañadores e finalistas, inclúense dispositivos tecnolóxicos, como ordenadores portátiles e tabletas gráficas, e lotes de libros.
“Compartimos con enorme alegría un momento moi especial para toda a nosa comunidade educativa. Felicitamos a Hugo, a Valentina e a todo o equipo docente por fomentar nas nosas aulas a creatividade e a paixón pola cultura”, sinalou Rodrigo Salgado Pombo, director do Colegio Lar.

