martes, marzo 25, 2025
InicioNewsComarcas400 escolares do Porriño aprenden a alimentarse de forma saudable

400 escolares do Porriño aprenden a alimentarse de forma saudable

O Concello do Porriño segue apostando pola promoción de hábitos de vida saudable entre a cativada e a mocidade con múltiples iniciativas centradas na educación. No marco do Plan de Saúde Local, a concellería de Sanidade e a OMIX, en colaboración co SERGAS, impulsan un ano máis o programa de “Nutrición na Escola”. Nesta iniciativa participan 400 escolares de 3º de Educación Primaria e 2ª da ESO.

O obxectivo desta actividade é promover unha alimentación saudable e tamén a actividade física na infancia e adolescencia. Así mesmo, reducir o sobrepeso e a obesidad nesta poboación. Os nenos e nenas que participan aprenden a elixir os alimentos correctamente e nas cantidades adecuadas, favorecendo deste modo o autocontrol da alimentación.

“Promover unha alimentación saudable durante a infancia e os primeiros anos da adolescencia é un aspecto clave para asegurar un correcto crecemento e desenvolvemento de nenos e nenas”, explicou a concelleira, Teresa Veloso. Ademais, “trátase dunhas etapas moi importantes na adquisición de hábitos alimentarios, polo que é primordial darlle a importancia que merece a alimentación na etapa escolar e desde o Concello non queremos quedar ao marxe”, concluiu.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS