sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeO 'Taller Máxico de Papá Noel' chega a Tui este Nadal

O ‘Taller Máxico de Papá Noel’ chega a Tui este Nadal

Tui conta este ano cun plan «único e inesquecible» dentro da súa programación de Nadal: O Taller Máxico de Papá Noel.

O Taller Máxico de Papá Noel estará ubicado dentro do edificio dos antigos xulgados, xunto á Praza da Inmaculada e permanecerá aberto dende o 30 de novembro ata o 5 de xaneiro. «Este espazo converterá a cidade nun auténtico conto de Nadal» aseguran dende o goberno local.

As instalacións recrearán espazos como a oficina postal, onde os nenos e nenas escribirán e decorarán a súa carta para depositala no buzón especialmente preparado, coñecerán o obradoiro de xoguetes dos elfos e o despacho desde o que Papá Noel atende a lista máxica de desexos dos cativos e cativas. Tamén poderán acceder á cociña onde se elaboran as galletas e o chocolate quente, a comida favorita dos elfos.

O horario de apertura será do 30 de novembro ao 22 de decembro, de luns a venres de 17:00h a 20:00h e durante os festivos e fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h.

A partir do 23 de decembro e ata o 5 de xaneiro, o horario será de luns a domingo de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h. Os días 24 e 31 de decembro estará aberto de 11:00h a 14:00h e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro permanecerá pechado.

A partir do 26 de decembro, o taller recibirá aos paxes dos Reis Magos, que se aseguraran de que as cartas de todos os nenos e nenas para as súas maxestades sexan atendidas a tempo,

Ademais, o espazo acollerá a Árbores dos Desexos, unha iniciativa solidaria de emedia.gal en colaboración con SOS Tomiño Baixo e o Concello de Tui que permitirá que os nenos con menos recursos tamén reciban o seu agasallo neste Nadal.

Para participar só hai que achegarse á arbore e seleccionar unha das tarxetas que brotan das súas ramas, nas que os máis pequenos plasmaron os seus desexos para este Nadal. O regalo mercado poderase entregar na Policía Local de Tui ou na sede de SOS Tomiño Baixo Miño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS