sábado, diciembre 7, 2024
InicioConcellos +A CañizaAs pistas de skatepark e pumtrack da Cañiza estrean iluminación

As pistas de skatepark e pumtrack da Cañiza estrean iluminación

As obras de dotación de iluminación exterior pública das pistas de skatepark e pumtrack, inauguradas o 5 de xuño de 2023, xa están rematadas. As instalacións deportivas urbanas están situadas na contorna do edificio da actual Escola de Música, na rúa Silleda. Así mesmo, contan cunha superficie total de 3.305 metros cadrados. Esta instalación da Cañiza está consideraba como «un dos mellores conxuntos de skatepark e pumtrack de Galicia«. Así mesmo, a calle principal do skatepark está estimada como «a mellor de España». Estas consideracións foron catalogadas por expertos e profesionais nestas disciplinas na súa inauguración.

As pistas responden a un deseño seguro e ao aire libre, seguindo a política do equipo de goberno local de mellorar as instalacións públicas e apostar por novas disciplinas deportivas. Non obstante, a construción deste novo espazo deportivo precisaba de iluminación exterior, por así requerilo moitos usuarios ao longo destes últimos meses.

Por esta razón explica o alcalde “nos orzamentos do ano 2023 incluimos a obra de dotación de iluminación para a instalación. Unha actuación cun investimento total de 32.229,73 euros, destinado 28.121,78 euros para a execución da obra. Os 4.107,95 euros restantes corresponden a honorarios de redacción do proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde. Os impostos tamén están engadidos.”

Considerando que o Concello tiña unha partida sobrante nas axudas do Plan Concellos 2022-2023 (anualidade 2023) de 19.999,03 euros, solicitouse ante a Deputación Provincial que esta cantidade fora destinada á obra de “Iluminación do Skatepark da Cañiza”. A autorización foi concedida en maio deste ano 2024 e os 12.230,70 euros restantes foron asumidos cos recursos propios do Concello. A empresa adxudicataria da obra, ELECTRICIDAD JAVIER SOUTO s.l., ofertou unha rebaixa de 309,93 euros respecto do prezo da licitación.

Nova iluminación de calidade e aforro enerxético

As obras de iluminación do parque comenzaron neste mes de novembro e consistiron na instalación de sete columnas de dez metros de altura, fabricadas con chapa de aceiro ao carbono. Foron distribuidas pola instalación con 18 proxectores, segundo o estudo lumínico realizado no proxecto, que tamén contemplou a construcción de novas canalizacións e liñas eléctricas e instalación dun cadro de mando cos dispositivos de protección.

Na visita de onte, o alcalde explicou que a instalación acenderase de xeito sincronizado co alumeado público e, dende esa hora e ata as 01.00 horas, permanecerá a potencia de 200 vatios. Dende as 01.00 ata as 01.30 horas, permanecerá a potencia 140 vatios e despois ata as 02.00 horas a potencia 120 vatios. Finalmente dende as 02.00 ata a hora de apagado, permanecerá a 70 vatios. Con esta medida tamén garántese non solo a eficiencia enerxética, senón un consumo optimizado de electricidade.

O slcalde aclarou esta mañá que “con esta actuación mellórase esta instalación deportiva de primer nivel que, en parte, quedaba limitada pola ausencia de iluminación artificial, deixándoa impracticable nas horas do día con pouca luz natural e de uso nulo pola noite debido á falta de visión”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS