martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeO parque eólico Coto dos Lobos conta con máis de 600 alegacións

O parque eólico Coto dos Lobos conta con máis de 600 alegacións

A Consellería de Medio Rural e Cambio Climático recibiu 628 alegacións contra o proxecto do parque eólico Coto de Lobos con ubicación en San Nomedio, nos municipios de As Neves e Salvaterra de Miño. O plan está impulsado pola empresa Parque Eólico Cadaval y Ventoso SL.

As dúas institucións dos concellos afectados, As Neves e Salvaterra, uniron as súas forzas co fin de colaborar cos veciños e veciñas poñendo á súa disposición modelos de alegacións que recollen de forma resumida os detrimentos que esta instalación causaría ao medio ambiente.

Deste xeito, foron máis de 600 alegacións ás que se presentaron ante á Consellería de Medio Rural, realizadas tanto por persoas físicas como xurídicas.

As alegacións presentadas advirten de que ditas instalacións imcumplen coa lexislación ambiental española e europea e que a localización dos aeroxeneradores infrinxe tamén a distancia mínima de protección a vivendas e núcleos de poboación. Ademais, alerta da quebrantación das medidas de Paisaxe de Galicia sobre afloramentos rocosos.

A maiores, o parque eólico Coto de Lobos afectará tamén aos montes de diferentes Comunidades de Montes dos Concellos de As Neves e Salvaterra de Miño, repercutindo directa e negativamente sobre o seu aproveitamento económico. Tamén afectará a 32 puntos de captación de augas, segundo un informe encargado polo Concello das Neves.

Entre outras alegacións, tamén se atopan a pérdida do valor turístico na zona e o risco de siniestralidade de helicópteros durante os servizos de extinción de incendios.

Parque eólico Coto de Lobos

O proxecto deste parque eólico contempla a instalación de seis aeroxeneradores, con dúas liñas subterráneas de 30kW para conectar os aeroxeneradores entre si e cunha subestación de transformación.

O presuposto estimado para a súa construcción é de 38 millóns de euros e prevé unha produción de 116.024 megavatios hora ao ano.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS