martes, diciembre 3, 2024
InicioO PaísA CoruñaGalicia conta desde onte con 17 restaurantes Estrela Michelin

Galicia conta desde onte con 17 restaurantes Estrela Michelin

A Gala Michelín España tivo lugar este martes 26 de novembro no Auditorio e Centro de Congresos Víctor Villegas na cidade de Murcia. Alí, outorgáronse 36 novas estrelas a restaurantes de toda España (e un en Andorra).

No caso concreto de Galicia, foron 2 as novas estrelas recibidas a dous restaurantes da nosa comunidade. A primeira delas para o restaurante ‘Simpar‘, en Santiago de Compostela, que conseguiu a súa primeira ‘Estrela Michelín‘ cos chefs Áxel Smyht e Claudia Merchán.

A segunda estrela galega foi para o restaurante ‘Retiro da Costiña‘, no municipio de Santa Comba. Conseguindo deste xeito a súa segunda estrela da man do chef Manuel García, tras acadar a primeira no ano 2008.

Así, ‘Retiro da Costiña‘ engádese ao trío de restaurantes galegos con dúas ‘Estrelas Michelin’ xunto a ‘Culler de Pau‘ no Grove e ‘Camiño da Serpe‘ o restaurante de Pepe Vieira en Poio.

En total son 17 os restaurantes galegos con estrela Michelin, e tres deles con dobre distinción, repartidos ao longo de toda a comunidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS