Xa é oficial, Mercadona colocou un indicativo nas súas instalacións coa data de apertura no municipio pontareán, que será o próximo xoves 28 de novembro. Deste xeito, a cadea de distribución valenciana que conta con máis de 1.600 supermercados repartidos entre España e Portugal suma un establecemento máis á súa lista .
As instalacións atópanse no Parque de A Curuxeira, recentemente reformado e recuperado con zonas verdes, situado fronte ao cuartel da Garda Civil, unha zona céntrica que permite chegar ao núcleo da vila en tan só 5 minutos camiñando. Ademais, o edificio conta con parking subterráneo. Podes consultar o horario de apertura así como os diferentes servizos cos que conta neste enlace.
A apertura de Mercadona na capital do Condado suporá tamén que moitos veciños e veciñas non teñan que desprazarse a localidades como Mos e Tui na busca dos produtos que ofrece a cadea, con especial interés, por exemplo, para as persoas con intolerancias ou alerxias a algúns alimentos ou substancias como o glute.