martes, diciembre 3, 2024
InicioO PaísA CoruñaVinteseis establecementos galegos reciben a distinción 'Solete' da Guía Repsol

Vinteseis establecementos galegos reciben a distinción ‘Solete’ da Guía Repsol

A Guía Repsol ven de publicar os Soletes cos que premia a 26 restaurantes, bares, cafeterías, vinotecas e establecementos de comida rápida saudable da comunidade galega. En total, de toda España forman parte máis de 300 establecementos neste 2024.

A provincia galega con máis distincións é A Coruña, con nove, seguida por Lugo e Pontevedra, ambas con sete e por último Ourense con tres.

Os establecementos que reciben este recoñecemento na provincia da Coruña son: os bares O Gato Negro (Santiago), Oliva Bar e Levar (Ferrol) e O Ribeiro (Corcubión); os restaurantes Os Arcos (Betanzos) e Arco da Vella (Fisterra); os locais de fast good Chichalovers (Santiago) e Jumbo H1 (A Coruña); e as vinotecas Casa Ponte e Rodolfus (ambas as dúas na cidade da Coruña).

Pola súa parte, os locais de Lugo son os restaurantes Villacol (Cervantes), As Triegas (Folgoso do Courel), Mazo de Santa Comba (Lugo), A Taberna de Montse (Riotorto) e Cantábrico (Lugo); así como as cafeterías La Alianza (Mondoñedo) e Delicias Roasters (Ribadeo).

En Pontevedra, a lista complétase co bar Campos (Vilagarcía); a cafetería El Molino (Vigo); ademais dos restaurantes Muíño da Chancha (Meaño); La Viuda (Pontevedra); Besadío (Pazos de Borbén), O Regato Pequeno (Pontevedra) e O Con de Aldán (Cangas).

E por último, as tres seleccións de Ourense son os establecementos de fast good Pepinillo (Ourense) e Italia (Verín), xunto ao bar Catador (Ourense).

A edición deste ano rende homenaxe á tradición, e estes son os 26 establecementos galegos que están seleccionados dentro dos máis de 300 novos Soletes repartidos por toda España.

O obxectivo dos Soletes é recoñecer o valor de negocios que resistiron ao paso dos anos sen perder encanto e clientela e apoiar tamén á xente nova que comeza o seu primeiro proxecto.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS