martes, diciembre 3, 2024
InicioO PaísA CoruñaInvestigan a morte dun home na praza de abastos de Santiago

Investigan a morte dun home na praza de abastos de Santiago

As forzas de seguridade investigan un posible homicidio nunha das naves da praza de abastos de Santiago de Compostela. O falecido, Antonio Costa, de 60 anos, presentaba un traumatismo na cabeza pero sen feridas de ningún tipo.

As primeiras hipóteses apuntan a unha morte violenta debido aos indicios de criminalidade achados no cadaver mais agárdase ao resultado da autopsia.

Deste xeito, a Policía Nacional xa detivo a un home que supostamente mantivo unha disputa coa vítima esta mesma madrugada mais a investigación continúa aberta, polo que non se descartan máis detencións.

A alerta ao 061 produciuse ás 4:43 horas da madrugada, segundo informaron dende Urxencias Sanitarias de Galicia. Ao lugar dos feitos achegáronse dúas ambulancias asistencias, mais non puideron facer nada por salvar a vítima.

O levantamento do cadaver produciuse aproximadamente ás 8:30 horas deste martes e a praza de abastos permaneceu pechada unhas dúas horas pero xa retomou a súa actividade.

Ata o lugar dos feitos achegouse Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago e «trasladou as condolencias e unha aperta aos familiares do falecido».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS