Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsComarcasElena Mosquera, experta en dó: "É necesario aceptar que pasalo mal, de...

Elena Mosquera, experta en dó: “É necesario aceptar que pasalo mal, de vez en cando, é algo normal”

A asociación cultural O Faiado, que vén de nacer no municipio de Ponteareas co obxectivo de “ofrecer unha axenda cultural alternativa”, fixo público xa o calendario para as próximas datas e unha das actividades que terán lugar na vila do Tea será unha charla que impartirán as enfermeiras Elena Mosquera e Irene Fernández. As profesionais abordarán o tema da dó e como afrontarlo.

Nunha entrevista en Si Radio, Mosquera indica que “hai que aceptar que a morte é parte da vida” e que “tamén é necesario comprender que pasalo mal, de vez en cando, é algo normal”. Podes escoitar a entrevista completa aquí:

O coloquio terá lugar na sala multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas a partir das 20:00 horas do 5 de decembro e non é necesario realizar unha inscripción previa. A entrada é de balde.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS