viernes, diciembre 6, 2024
InicioNewsActualidadePiden que se igualen as pensións ao Salario Mínimo Interprofesional en Galicia

Piden que se igualen as pensións ao Salario Mínimo Interprofesional en Galicia

O colectivo de xubiladas e xubilados así como pensionistas da CIG regresou este xoves ás rúas das sete cidades galegas para reclamar que a contía mínima das pensións sexa igual ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI). Reclaman un Sistema Público “forte” e pensións que permitan “vivir con dignidade e sen penurias”.

O colectivo demanda que se fixe por lei a igualación das pensións mínimas e do SMI, que “debería ser de 1.253 euros, que é o 60% do salario medio, tal e como se recolle na Carta Social Europea”. Tamén que se revaloricen conforme o IPC acumulado a final de ano e que se recupere o poder adquisitivo perdido coa introdución, en 2021, do índice do IPC medio.

O colectivo exixe ademais a derogación da reforma das pensións, desde a de 2011 até o último acordo de reforma deste ano que, advertiron que “vai dificultar, aínda máis, o acceso á pensión para moitos traballadores e traballadoras”.

As segundas pensións máis baixas do Estado

No manifesto ao que deron lectura ao remate das concentracións denunciaron que Galicia cuenta con as segundas pensións máis baixas de todo o Estado; que a pensión media é case 15 puntos menor que a contía media estatal, 173 euros menos ao mes, e que, de feito, a provincia coa pensión media máis baixa do Estado é Ourense.

A pensión mínima contributiva na actualidade está fixada en 825,20 euros ao mes, mentres que a pensión mínima non contributiva é de 517,9 euros. “Calquera das dúas cifras, claramente insuficientes para unha vida minimamente digna dada a constante escalada de prezos”.

Ademais as mulleres pensionistas galegas cobran de media 421,88 euros menos que os homes, situando a fenda de xénero das pensións no 33,6%. Isto é así porque aos 65 anos a fenda das cotizacións é de 11 anos, xa que “mentres os homes teñen de media cotizados 35,6 anos, as mulleres teñen 24 anos e medio”.

Xunto a isto alertaron de que actualmente, “ningún galego e ningunha galega cando chega aos 65 anos ten de media os 38 anos e medio que se requiren para se poder xubilar a esa idade”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS