martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasA Xunta reforza a dotación docente do Colexio CPI da Cañiza

A Xunta reforza a dotación docente do Colexio CPI da Cañiza

O director xeral de Centros e Recursos Humanos explica que o centro, a través do Plan MEGA, conta co persoal para desdobrar 4º de Infantil e atender á diversidade do alumnado

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, explicou hoxe no Parlamento que o Colexio CPI da Cañiza conta con todos os recursos precisos para atender ao seu alumnado. De feito, sinalou que o centro recibiu profesorado de reforzo para poder realizar o desdobre necesario en 4º de Educación Infantil, no marco do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia. Isto é, que ten capacidade para, dentro da súa autonomía, efectuar o desdobre da devandita aula ou acometer a mellor organización que considere ao respecto.

O representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP detallou que a rateo global do centro en Educación Infantil e Primaria é de 8,9 alumnos por profesor e en Educación Secundaria de 8,7 rapaces por docente, moi por debaixo dos máximos. O director xeral sinalou que, ademais do reforzo a través do Plan MEGA, o centro conta cun docente especialista en inglés a maiores dos que lle correspondente por catálogo.

No que atinxe á atención á diversidade, o centro conta con dous especialistas en Pedagoxía Terapéutica, un en Audición e Linguaxe e un orientador. “Isto demostra claramente que o CPI da Cañiza está ben dotado tanto para implementar o desdobre en 4º de Educación Infantil dentro da súa autonomía de centro, como para atender a diversidade do alumnado grazas á presenza de diversos especialistas.”, afirmou o director xeral.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS