Martes, Febreiro 3, 2026
HomeNewsActualidadeDenuncian que Galicia ten "as segundas pensións máis baixas do Estado"

Denuncian que Galicia ten “as segundas pensións máis baixas do Estado”

O sindicato CIG convoca unha serie de concentracións para o xoves 10 de outubro nas grandes cidades galegas “en demanda dun sistema público de pensións forte que permita vivir con dignidade e sen penurias“.

Neste contexto, o sindicato lembra que en Galicia “temos as segundas pensións máis baixas de todo o Estado”. Cifran a contía en 15 puntos menor que a media estatal polo que se trata de “173 euros menos ao mes”.

No conxunto do territorio galego, a provincia que conta cunha pensión máis baixa é Ourense, segudo as cifras do sindicato CIG.

É por isto que consideran “imprescindible saír á rúa a reclamar unhas pensións públicas dignas”.

Onde serán as concentracións?

A CORUÑA.- 11:00 horas, diante do INSS (Catro Camiños)
SANTIAGO DE COMPOSTELA.- 12:00 horas, Praza do Toural
FERROL.- 11.30 horas, diante do INSS (Rúa Catalunya)
LUGO.- 12:00 horas, Praza Maior, diante do Concello
OURENSE.- 11.30 horas, diante do INSS (Rúa Concello)
VIGO.- 11:00 horas, diante do Mercado do Calvario
PONTEVEDRA.- 11.30 horas, Praza da Peregrina

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS