sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasO Servizo Galego de Saúde garante a atención na unidade á saúde...

O Servizo Galego de Saúde garante a atención na unidade á saúde mental en Ponteareas

O xerente deste organismo autonómico asegura que a Área Sanitaria de Vigo esta á traballar para reforzar a asistencia na Unidade de Saúde Mental de Ponteareas pese á falta de persoal especializado dispoñible para realizar substitucións

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, asegurou esta mañá, que a atención á saúde mental en Ponteareas está garantida. Esta afrimación tivo lugar na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia debido a unha cuestión relacionada. Ademais, explicou que existen protocolos para atender de forma prioritaria os casos que precisan dunha asistencia máis áxil por motivos clínicos.

O xerente do Servizo Galego de Saúde explicou que a Unidade de Saúde Mental desta
localidade conta cunha dotación de persoal estándar. A plantilla estaría formada por dous psiquiatras, un psicólogo clínico, unha enfermeira especialista en saúde mental e un administrativo. Ademais, a estes profesionais, hai que engadir un médico interno residente de psiquiatría e, a partir do ano que vén, se incorporará un psicólogo interno residente.

Asegurou que a Área Sanitaria de Vigo esta á traballar para reforzar a capacidade de asistencia nesta Unidade de Saúde Mental. Aínda que tamén mencionou a falta de persoal especializado dispoñible para realizar substitucións. “A escaseza de profesionais dificulta a cobertura das baixa laborais” puntualizou Parada, reiterando que área sanitaria de Vigo “está a levar a cabo as accións necesarias para priorizar aqueles pacientes nas que o criterio clínico o xustifique”.

Así, o responsable sanitario referiu algunhas das medidas que o Servizo Galego de Saúde ten habilitadas no caso de ser necesario, como son as listas priorizadas. Tamén sinalou o teléfono de urxencias psiquiátricas que funciona as 24 horas, o sistema de Teleconsulta ou a atención presencial nas urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, na que sempre hai dous psiquiatras de garda e médicos residentes especializados en saúde mental.

Críticas da oposición

A resposta de Sanidade prodúcese logo de que a deputada do BNG, Cristina Fernández, denunciou na Comisión de Sanidade do Parlamento a situación na que se atopan os doentes da Unidade de Saúde Mental de Ponteareas pola falta de personal necesario para ser atendidos. «O Servizo Galego de Saúde non da a resposta que se precisa, deixando soas a moitas persoas que en ocasións non teñen máis axuda que unha caixa de ansiolíticos ou antidepresivos”, denunciou.  

“Estamos falando de algo moi grave”, advertiu a deputada de Ponteareas, que exemplificou con casos concretos a difícil situación que están a vivir estes docentes, nun concello onde, lembrou, «existe un alto índice de suicidios e enfermidades mentais». Expuxo, neste sentido, casos particulares de usuarios que non teñen psiquiatra e outros que aos que se lles anulou a cita en xuño e lle foi reprogramada para finais de febreiro de 2015.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS