lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsComarcasSoutomaior estrea unha pasarela peonil habilitada na PO-244

Soutomaior estrea unha pasarela peonil habilitada na PO-244

A conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe a renovada estrutura, que ofrece un itinerario peonil cómodo e seguro especialmente para os preto de 500 escolares do CPR Santiago Apóstolo, situado nas inmediacións

A PO-244 en Soutomaior acolle un novo itinerario peonil para favorecer o tránsito seguro dos peóns por esta estrada, especialmente dos alumnos do centro Santiago Apóstolo, situado nas inmediacións. A conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue, subliñou hoxe a aposta prioritaria da Xunta pola seguridade viaria durante a súa visita.

M. Allegue estivo con representantes da comunidade escolar, na que estudan preto de 500 escolares. Destacou nesta reunión que a nova estrutura, elaborada en plástico reciclado e apoiada sobre pilotes do mesmo material, substitúe á anterior, que estaba deteriorada, e esténdese ao longo de 180 metros. Na súa construción, a Xunta investiu máis de 430.000 euros e a conselleira indicou que o materia utilizado, plástico reciclado, garante unha maior durabilidade. Allegue enmárcase “na aposta desta Administración por ser respectuosos coa
contorna con infraestruturas sostibles”.

A Xunta está a intervir con diversas actuacións dentro da liña prioritaria da seguridade dos usuarios vulnerables das estradas, peóns e os ciclistas. Un exemplo é o Plan de Sendas de Galicia, que xa permitiu habilitar case 300 kilómetros de itinerarios nas marxes das estradas autonómicas e no que se traballa xa nunha segunda fase.

Na provincia de Pontevedra, executáronse sendas na PO-551 no Morrazo, nos concellos de Marín (Vilaseca–Lapamán), Bueu (Trasouto–Alto da Portela) e Moaña (A Moureira–Palmás). Tamén na PO-308 en Poio (O Covelo–Raxó) e Sanxenxo (Portonovo–A Lanzada). E ao longo da PO-340, coa senda que une Gondomar e A Ramallosa (Nigrán).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS