lunes, octubre 14, 2024
InicioO PaísLugoO comportamento turístico de Lugo destaca no verán galego

O comportamento turístico de Lugo destaca no verán galego

No que vai de ano, a Comunidade galega rexistrou máis de 5 millóns de viaxeiros aloxados e o turismo internacional supón case o 30% da demanda

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixeron hoxe balance da actividade turística do verán. A cidade de Lugo tivo especial protagonismo ao ser unha das zonas que tivo mellor comportamento nos meses de xullo e agosto.

De xeito global, Xosé Merelles salientou a “estabilidade” e ao “avance cualitativo” do turismo durante a época estival. Nesta estación, a Comunidade galega rexistrou máis de 2,15 millóns de viaxeiros aloxados, que realizaron 4,8 millóns de noites. “Mantemos as cifras de viaxeiros en verán de xeito cuantitativo, pero sobre todo medramos de xeito cualitativo, aumentando os días nos que os turistas quedaron en Galicia, repartindo a súa chegada polos concellos galegos e aumentando a rendibilidade do sector hoteleiro”, afirmou Merelles.

Puxo como exemplo o crecemento que se rexistrou en xullo e agosto nalgúns xeodestinos como a Mariña lucense. Esta zona recibiu máis de 66.000 viaxeiros no sector hoteleiro e un crecemento do 10%. Pola súa banda, a Ribeira Sacra, tivo máis de 41.000 viaxeiros e un crecemento do 27% e Trevinca-Valdeorras medrou un 22%. “Son só algúns exemplos de como estamos sendo quen de repartir a chegada dos viaxeiros por todo o noso territorio. Un dos nosos obxectivos principais, para seguir medrando de xeito sostible”, expresou.

Como dixo, nesta diversificación, tamén está a ser clave o Camiño de Santiago “que durante o verán permitiu dinamizar moitos concellos do noso rural debido ao crecemento no número de peregrinos que rexistramos”. En concreto, fixo alusión ás máis de 120.000 Compostelas que se recolleron en xullo e agosto, o que supuxo un crecemento do 15% na ruta xacobea durante o verán.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS