lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsComarcasO Multiusos das Pozas será o epicentro da cultura urbana en Mos...

O Multiusos das Pozas será o epicentro da cultura urbana en Mos a vindeira fin de semana

Hoxe tivo lugar a presentación da quinta edición do festival DeMostra, que se celebrará o sábado 5 de outubro desde as 11.30 horas da mañá e ata ben entrada a madrugada, con obradoiros, competicións e música

A quinta edición do DeMostra terá lugar o sábado 5 de outubro durante todo o día na contorna do Multiusos das Pozas. Desenvolverase desde as 11.30 horas da mañá ata ben avanzada a madrugada. Nesta nova edición do festival de cultura urbana mosense haberá obradoiros, competicións e música. Os obradoiros serán de mural colaborativo, skate iniciación, ilustración manga, danza urbana, beatbox, freestyle football e parkour iniciación.

As competicións sobre rodas serán de skate, scooter, BMX e roller. Tamén haberá shows de Beatbox Tai e do Freestyle de Football Marcos. Os asistentes poderán gozar de dous parques de uso libre, que serán un parkour park e unha pista Street Football. O fin de festa comezará dende as 21.00 horas, hora á que empezará a Holy Party e Dj Session, con 5 DJs participantes: Xian, Kevva, Pitty, Samu Pexe, e Mindset Sea.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, e a concelleira mosense de Mocidade e Participación Cidadá, Julia Loureiro, presentaron esta mañá na contorna do Multiusos das Pozas esta edición do festival de cultura urbana de Mos, DeMostra.

Vella Escola, a entidade encargada de organizar e coordinar os obradoiros que se levarán a cabo durante o festival, estivo representada polo seu director Pablo Castiñeira. Tamén participaron Dj Pitty, director da Escola de DJ de Mos, xunto con outros DJs que actuarán no festival. Así mesmo, estiveron algúns dos competidores das diferentes disciplinas sobre rodas que se poderán ver a vindeira fin de semana en Mos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS