sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeEmotiva despedida en Mos das relixiosas de EVD Galicia

Emotiva despedida en Mos das relixiosas de EVD Galicia

As irmás dos centros das Escravas da Virxe Dolorosa de Mos e Crecente retíranse a vivir en Ávila tras máis de 60 anos de traballo e entrega á muller e á discapacidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e os alcaldes de Crecente e Arbo, Julio César García-Luengo Pérez e Horacio Gil Expósito, respectivamente, participaron esta tarde no acto despedida das irmás Escravas da Virxe Dolorosa que se celebrou no centro da Porteliña, na parroquia mosense de Petelos.


Foi un emotivo encontro para homenaxear e agradecer o seu labor de toda unha vida ás relixiosas dos centros EVD de Mos e Crecente, que agora marchan de Galicia e se retiran a vivir en Ávila.


Na súa emocionada intevención a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, quixo “lembrar ps meus inicios no Concello como primeira concelleira da Muller polo que estiven estreitamente vencellada desde sempre ás Escravas. Sentindo gran amor polas irmás e polas mulleres usuarias do centro. Un cariño que foi e é recíproco. Por elo hoxe é un día triste pero as irmás sempre nos acompañarán”.


Tres Irmás de EVD marchan de Galicia despois de traballar duramente desde 1960 por unha misión e unha obra para a que entregaron a súa vida: apoiar a mulleres (nais, nenas con discapacidade…). Foron e son exemplo indiscutible do amor polas persoas. “Un amor que non deixou indiferente nin a esta parroquia de Petelos nin ao municipio de Mos en xeral”, tal e como declaraba esta tarde a alcaldesa Arévalo.


Estas relixiosas estiveron sempre dispostas a ser un apoio a calquera causa de necesidade: en Vigo, en Crecente, e en Mos, son numerosas as vivencias das que foron testemuñas, das que formaron parte. Xa que en máis de 60 anos de traballo e entrega deixan unha fonda pegada.


Unha fermosa pegada.
Nidia Arévalo concluiu ás súas palabras apuntando que “hoxe aquí o principal que teño que dicir é: gracias irmás polo voso labor de toda unha vida baseado no amor maternal e incondicional. Deséxovos o mellor nesta estapa. E ánimo e forza aos que continúan o voso legado para darlle continuidade a tan fermoso proxecto vital no que deixades o listón moi alto”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS