martes, diciembre 3, 2024
InicioO PaísLugoO Centro de Innovación Norvento Enerxía, exemplo de compromiso coa descarbonización

O Centro de Innovación Norvento Enerxía, exemplo de compromiso coa descarbonización

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salienta o máximo apoio e impulso da Administración autonómica ás enerxías renovables, á descarbonización e ao emprego verde co obxectivo de garantir o equilibrio entre o coidado do territorio e o desenvolvemento da economía

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o Centro de Innovación Norvento Enerxía (CIne), localizado en Lugo. Destacou estas instalacións como exemplo de compromiso coa descarbonización e modelo do desenvolvemento sostible polo que aposta o Goberno galego.

Durante a visita, na que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a conselleira salientou o “máximo apoio” e impulso da Administración autonómica ás enerxías renovables, á descarbonización e ao emprego verde co obxectivo de “garantir o equilibrio fundamental entre o coidado do territorio e o desenvolvemento da economía”.

Nesa liña, Ángeles Vázquez puxo en valor que o edificio CIne sexa unha sede autosuficiente enerxeticamente e neta en emisións. As instalacións contan cun sistema que aproveita a luz do sol, a auga da chuvia e recicla as augas grises para autoabastecerse, evitando a emisión á atmosfera de máis de 160 toneladas anuais de gases de efecto invernadoiro. A maiores, é capaz de operar sen necesidade de conexión á rede eléctrica grazas a unha microrrede intelixente que combina diferentes elementos. Entre eles encontramos paneis fotovoltaicos, un sistema de enerxía xeotérmica, grupos de coxeración de biomasa e un sistema de baterías. Este sistema é capaz de asegurar a permanente subministración mesmo en períodos de escasa de produción das renovables.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS