domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsActualidadeA Deputación está levando a cabo obras de conservación e mellora na...

A Deputación está levando a cabo obras de conservación e mellora na EP-9802 As Aceñas na Illa

Isabel Couselo, deputada provincial, recorreu o tramo no que se está a renovar o pavimento e mellorando a plataforma

A Deputación de Pontevedra está a executar traballos de conservación e mellora do firme na estrada provincial EP-9802 As Aceñas da Illa de Arousa.

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, recorreu o tramo de preto de 1,5 quilómetros no que se está a executar a actuación, enmarcada no acordo marco de conservación de firmes na rede viaria da Deputación, o cal ascende a 4,5 millóns de euros.

Segundo destacou Couselo, as obras de conservación e mellora de firme que se están a executar na Illa teñen por obxectivo manter a capacidade portante do firme, coa renovación da capa de rodadura e a reforma dos pasos de peóns elevados.

Isabel Couselo lembrou que esta é só unha das actuacións incluídas no acordo marco de obras de conservación de firmes e que, no que respecta á zona na que se sitúa a Illa de Arousa, supón un investimento de máis de 730.000 euros.  

Nestas semanas está previsto que se realicen traballos contemplados no mesmo lote e relacionado co acordo no que dentro del atópase as estradas provinciais da EP-9701 Baión-András, na EP-9497 A Goulla-Porráns e nas EP-9403 Santo Tomé-San Salvador e EP-9406 Galles-A Armenteira do Concello de Meis.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS