domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsActualidadeMos estrea unha nova mini escavadora coa que Vías e Obras implementa...

Mos estrea unha nova mini escavadora coa que Vías e Obras implementa ao seu parque de maquinaria

A compra do material fíxose grazas a unha axuda da Deputación de Pontevedra e contribúe ao óptimo mantemento dos máis de 500 quilómetros de viais municipais

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o seus tenentes de alcaldesa, Camilo Grandal e Leo Costas, visitaron as obras de acometida da rede de saneamento no Camiño de Ansar que desde o Concello se están a realizar con fondos propios municipais, e nas que se está a estrear a nova mini escavadora que a administración local adquiriu grazas á concesión dunha subvención, a través da Liña 1 do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. O importe da axuda, que financia a totalidade do importe da maquinaria, ascende a 60.560,50 euros.


Sobre esta ampliación de material para o departamento municipal de Vías e Obras os representantes locais, Arévalo, Costas e Grandal, explicaron que “o Concello de Mos posúe unha superficie de 52,00 Km2 e dispón nestes momentos unha rede viaria asfaltada que supera os 500,00 km. Asemade a rede de sumidoiros supera a lonxitude de 500,00 km. Polo que é preciso que o departamento de Vías e Obras dispoña de maquinaria axeitada ás necesidades diarias do departamento”.

Para elo, e grazas á subvención da Deputación, a administración local mosense adquiriu unha miniescavadora coa que se realizan servizos de reparación, conservación e mantemento da rede viaria do termo municipal de Mos, co fin de aumentar a seguridade e comodidade da circulación polas estradas e camiños así como manter en perfectas condicións de funcionamento a rede municipal de sumidoiros, en definitiva, o que se pretende é manter e conservar as infraestruturas viarias.


Ademais o departamento de Vías e Obras colabora en reparacións coas traídas veciñais de augas que existen nas parroquias, na apertura de averías e na limpeza das canalizacións que, coa nova maquinaria, poderase acceder máis fácilmente a espazos reducidos axilizando moito os traballos. En definitiva, a miniescavadora empregarase na realización das diferentes incidencias que se produzan en vías e obras (rede viaria, saneamento, limpeza, etc).


A maquinaria, axustada ás necesidades do equipo, permite acceder a camiños estreitos, chegar a sitios de acceso complicado. É unha mini escavadora que dispón de cazos de distintas medidas para o desenvolvemento dos distintos traballos e posúe un martelo hidráulico para o picado de gabias e pedras.


Trátase dunha máquina resistente para a realización das tarefas sinaladas con desprazamento mediante rolos de rodadura de dobre pestana (eirugas) que facilita a carga e transporte no camión do departamento de Vías e Obras. A mini escavadora dispón de: enganche rápido, cazo de escavación de aproximadamente 30,00 cm, cazo de escavación de aproximadamente 50,00 cm, cazo de limpeza angulable de aproximadamente 120,00 cm e martelo hidráulico con punteiro.

Saneamento de Ansar
As obras de acometida da rede de saneamento no primeiro tramo do Camiño de Ansar, parroquia de Sanguiñeda, son traballos financiados íntegramente polo Concello de Mos, que está a acometelos con operarios municipais e realizará un investimento total neles de 51.478,35 euros. Unha vez rematada a instalación do saneamento, o Camiño de Ansar será obxecto dunha mellora integral mediante o asfaltado do mesmo. Neste caso a obra contará con subvención da Deputación de Pontevedra.


O obxectivo das obras que se están a acometer é permitir que dito servizo de saneamento dea servizo á máxima extensión do concello. As obras consisten na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento. Como se dicía, as obras en Ansar consisten na execución da rede de saneamento neste camiño da parroquia de Sanguiñeda, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que todavía carecen deste servizo. Concretamente estase a levar a cabo a execución de 400 ml de saneamento que dará servizo a un total de 12 casas e a uns 50 veciños e veciñas da contorna.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS