domingo, octubre 6, 2024
InicioO PaísA CoruñaO centro de saúde de Fontiñas foi para os populares galegos “un...

O centro de saúde de Fontiñas foi para os populares galegos “un bo exemplo de funcionamento”

O Partido Popular de Galicia destaca que a nosa Comunidade “foi pioneira” á hora de tomar medidas para garantir unha asistencia sanitaria de calidade durante o verán

“Fronte ás dificultades, Galicia foi pioneira e apostou por medidas arriscadas para
reforzar o persoal, ao tempo que seguiu investindo en infraestruturas e tecnoloxía”,
afirmou a secretaria xeral do Partido Popular, Paula Prado. Prado destaca o plan de 12,5 millóns de euros que o Goberno galego puxo en marcha para garantir a asistencia sanitaria de calidade e que a nosa sanidade contara en verán con 1.500 profesionais máis que o ano pasado.

Nas declaracións aos medios nas inmediacións do centro de saúde de Fontiñas, en Santiago de Compostela, a secretaria xeral do partido tamén puxo en valor “a sorte que temos de contar en Galicia cunha sanidade pública de calidade” e agradeceu aos profesionais sanitarios –especialmente aos máis de 48.000 que estiveron traballando durante os meses estivais– a súa contribución á “excelencia” do sistema.

Un reforzo que, tal e como explicou, “permitiu non só manter a actividade habitual no período estival, senón incrementala respecto doutros anos”. De feito, Galicia realizou 1.400 cirurxías programadas máis e o 061 atendeu 5.000 chamadas máis. Ademais, destacou o centro de saúde de Fontiñas por ser “un bo exemplo de que todo funcionou con normalidade” este verán e de que o plan de cobertura deseñado polo Goberno galego foi efectivo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS