sábado, diciembre 7, 2024
InicioO PaísA CoruñaIniciativas pioneiras posicionan a Galicia como referente contra o cambio climático

Iniciativas pioneiras posicionan a Galicia como referente contra o cambio climático

A directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático subliña a aposta do Goberno galego por reforzar a dimensión social, a gobernanza e a sensibilización para acadar unha sociedade formada, concienciada e resiliente ante este fenómeno

A Xunta de Galicia valorou as iniciativas pioneiras que puxo en marcha para consolidar a comunidade galega como referente na loita contra o cambio climático e avanzar cara á redución de emisións. Así o subliñou a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, na inauguración da xornada O camiño á neutralidade climática: Reflexións desde Galicia e Europa, organizada por ECOBAS, que foi clausurada polo secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica da Presidencia, Juan Carlos Reboredo, e na que tamén participou o director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal.

Logo de incidir en que Galicia é un exemplo de sostibilidade e de responsabilidade ambiental grazas ás medidas implementadas para reforzar a Comunidade como un refuxio climático verde e sostible, Paula Uría lembrou que a Xunta está a traballar na actualización da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 (EGCCE 2050). Este plan é a folla de ruta da Comunidade para acadar a neutralidade climática, coa elaboración do novo Plan
rexional integrado de clima e enerxía 2024-2030.

Segundo dixo a directora xeral, as prioridades desta estratexia serán afondar na mitigación das emisións, apostar pola protección da biodiversidade e do patrimonio natural e dar un pulo ás medidas orientadas a reducir o impacto do cambio climático na saúde. A maiores, Uría subliñou tamén a aposta do Goberno galego por reforzar “a dimensión social, a gobernanza e a sensibilización” para acadar unha sociedade formada, concienciada e resiliente ante este fenómeno.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS