O deporte volve ser protagonista en Tomiño esta nova tempada. O Concello volve abrir as portas da Escola de Tenis, que este ano como novidade ofrecerá tamén clases de pádel, ampliando deste xeito o programa de propostas con actividades atractivas para todas as idades.
As clases serán impartidas por profesionais experimentados nas pistas municipais do Mosteiro, que guiarán tanto ás persoas que queiran iniciarse nestes dous deportes como a aquelas que desexen perfeccionar as súas habilidades. En caso de choiva, as sesións trasladaranse a un espazo cuberto para garantir o bo desenvolvemento da actividade.
O prezo das clases será de 20 euros ao mes por persoa por unha sesión semanal e de 35 euros por dúas clases á semana. As persoas interesadas poden xa inscribirse no formulario habilitado na web do Concello para nenos e nenas a partir de 4 anos e para persoas adultas sen límite de idade.