sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Ponteareas responde á suposta denuncia ante fiscalía do Corpus...

O Concello de Ponteareas responde á suposta denuncia ante fiscalía do Corpus Christi

O grupo municipal do BNG sería o responsable da demanda relacionada coa contratación de vallas para esta festa tradicional do municipio

O goberno local de Ponteareas, respecto á suposta denuncia do grupo municipal do BNG ante a fiscalía pola contratación das vallas das festas do Corpus Christi, aclara que a día de hoxe non ten constancia oficial. Dende o Concello afirman que só teñen declaracións nos medios de comunicación desta suposta denuncia e que este expediente de contratación conta con todos os informes xurídicos e económicos favorables conforme a súa legalidade.

O Concello de Ponteareas para difundir e por en valor a Festa de Corpus Christi declarada recentemente BIC na categoría inmaterial aprobou o 29 de abril un expediente de contratación por urxencia do subministro, montaxe, mantemento e desmontaxe do vallado para a procesión. Este expediente de contratación conta con todos os informes xurídicos e económicos favorables así que se ofertou por 98.010 euros, publicándose na Plataforma de Contratación del Sector Público do Estado, garantindo deste xeito a publicidade da oferta.

Pouco despois o Concello conseguiu no mes de maio unha achega da Deputación de Pontevedra para a difusión e posta en valor da Festa de Corpus Christi por valor de 162.732,50 euros e outorga á única empresa que se presenta a contratación do vallado de Corpus por 80.000 euros.

Posteriormente durante a realización dos traballos previos á colocación das vallas e tras recibir queixas das persoas que calzan tacóns o Concello viuse na obriga de mercar tapóns que non entraban dentro do contrato de vallas. Para isto o Concello mercou 2.600 tapóns a través dun contrato de subministro por valor de 14.518, 79 euros que conta con todos os informes xurídicos e económicos que avalan a súa legalidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS