martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeBaiona contará con axudas da Xunta para a contratación de auxiliares para...

Baiona contará con axudas da Xunta para a contratación de auxiliares para a Policia Local

O Goberno galego inviste este ano 145.000 euros neste ‘Plan específico de subvencións para contratar auxiliares de policía local’, do que se van beneficiar 11 concellos como Baiona

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou hoxe co alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, o convenio de colaboración para a contratación de auxiliares de Policía Local durante o verán.

Baiona é un dos once concellos beneficiarios das axudas deste ano do Plan específico de subvencións para a contratación de auxiliares de policía local, que contan cun orzamento total de 145.000 euros para subvencionar as contratacións entre o 1 de xuño e o 30 de setembro do 2024.

Baiona recibirá 18.500 euros para cubrir parte dos gastos salariais dos seus oito efectivos que reforzan estes meses o cadro de persoal de Policía Local no posto de auxiliares.

Entre os requisitos que debe cumprir os municipios que se benefician destas azuntas son, entre eles, contar con máis de 5.000 habitantes, experimentar na tempada de verán un incremento estacional de poboación e ter un mínimo de 1.000 prazas hoteleiras. Ademais, dispoñen da declaración como municipios turísticos galegos e dun corpo de policía local.

«Estas subvencións permiten reforzar a eficacia dos corpos policiais dos municipios beneficiarios e facilitar ás entidades locais a prestación de servizos a prol da seguridade de veciñanza e visitantes»

Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS