sábado, diciembre 14, 2024
InicioA terraA nosa culturaO patrimonio marítimo, protagonista de "A Recalada" en Arcade

O patrimonio marítimo, protagonista de «A Recalada» en Arcade

Unha cita que nace co obxectivo de realzar o patrimonio marítimo galego facendo fincapé na relación que ten Arcade e Soutomaior co mar

A Recalada é un encontro do Mar que se desenvolverá ao longo do sábado 17 de agosto, na zona do Peirao de Arcade.

A tradición mariñeira do concello de Soutomaior vén de lonxe, séculos de historia patentes a través dun xeito de vida que foi adaptándose ata chegar aos nosos días. A súa influencia pódese apreciar observando como a economía local está moi relacionada co mar.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, definía A Recalada como “tradición, música, gastronomía e convivencia» e engadía que «pretendemos que sexa un atractivo tanto para as xentes locais como para as persoas que nos visiten».

O mar como o eixe da programación da Recalada

Durante a xornada do día 17 haberá actividades moi variadas relacionadas co mar, o
turismo sostible, a artesanía local, gastronomía, a música popular… Todo nunha ampla programación que contará con propostas como navegacións, concertos, exposicións e actividades.

Para as actividades con inscricións previa, o prazo ábrese o luns 12 de agosto ás 09:00 horas e pecharase o xoves 15 ás 14:00 horas. Para máis información pódese consultar a páxina web do Concello de Soutomaior.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS