martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeComeza a edición máis internacional do Torneo de Tenis feminino "Cidade de...

Comeza a edición máis internacional do Torneo de Tenis feminino «Cidade de Ourense»

O evento reunirá a tenistas de máis de 20 países

O Concello de Ourense anunciou hoxe a súa colaboración na cuarta edición do Torneo Internacional de tenis feminino Cidade de Ourense. A competición desenvolverase dende o domingo, 11 de agosto ata o día 18.

As instalacións do Club Santo Domingo será o espazo no que teña lugar cada un dos enfrontamentos entre as deportistas. A competición, que durará unha semana, está organizada pola Federación Galega de Tenis e está incluída no calendario ITF Women World Tennis Tour, que trátase da Federación Internacional de Tenis e supón o seu ascenso á categoría W50, tras tres edicións como W25.

A competición repartirá 40.000 dólares en premios e outorgará 50 puntos WTA para a campioa. Esta puntuación é relevante, xa que coa suma destos puntos as deportistas poden ir ascendendo na liga da Asociación de Tenis Femenino.

No acto de presentación do torneo estiveron presentes a tenenta de alcalde e concelleira Ana Fernández, a campioa galega, Celia Cerviño e representantes da Federación Galega de Tenis, da Deputación Provincial de Ourense e da Xunta de Galicia.

Esta será a edición máis internacional

O torneo contará coa participación de 21 tenistas situadas no Top 500 da WTA co que consigue que sexa o seu ano máis internacional, xa que haberá representación de ata vinte países diferentes representados.

Así, pódese encontrar entre as xogadoras internacionais confirmadas a deportistas como Valentina Ryser (Suiza, posición 247 WTA), Tamira Paszek (Austria – posición 389 WTA) ou Vitalia Diatchenko (Rusia – posición 989 WTA), ademais, de estar presente a actual campioa galega, Celia Cerviño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS