lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsComarcasA produción da uva baixa arredor dun 25% na zona do Condado

A produción da uva baixa arredor dun 25% na zona do Condado

“Este ano ás viticultoras vainos saír custoso o quilo de uva porque hai menos produción”, afirma Cristina Carrera, viticultora da zona do Condado. Desde o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) estiman que existe unha baixada de produción respecto da colleita do ano pasado de arredor dun 25%. Este descenso é ocasionado polo menor nacemento de uva con respecto á campaña anterior, por mor da climatoloxía e das precipitacións, que fixeron que se producira moito corremento nos acios e favoreceron os
numerosos ataques do mildio, sobre todo o larvado, que dende principios do mes de xuño atacou fortemente os acios provocando a perda da colleita ao respecto das previsións iniciais.

Todos estes factores motivaron que as viticultoras e os viticultores das Rías Baixas tiveran que afrontar máis gastos para conservar a colleita e máis gastos en man de obra, á vez que se incrementaron os prezos das aplicacións fitosanitarias e da maquinaria.

Por estas circunstancias, desde o Sindicato labrego Galego-Comisións Labregas solicitan que o prezo da uva que se lle paga ás persoas produtoras siga manténdose ou incluso aumente por mor da problemática que atravesan as viticultoras e viticultores. Ademais constatan que existe demanda por parte das adegas para a compra de uva, xa que o mercado segue na alza, sobre todo na venda de viño branco, e necesítase a colleita para manter o mercado e incluso despois do incremento de prezo na botella de viño branco.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS